Friday 03 de May de 2024

O concelleiro de Medio Rural visita as cativadas de Nadal que se desenvolveron do 23 ao 5 de xaneiro en tres centros socioculturais da zona rural


O programa posibilitou a conciliación para as familias das parroquias nestas datas tan especiais, nas que a rapazada desfrutou con actividades plásticas, deportivas e culturais con temática navideña.

Durante a visita, o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, conversou coa rapazada e o monitorado sobre esta experiencia.
Un total de 62 nenos e nenas formalizaron a inscrición neste programa que facilita ás familias compostelás a organización dos tempos vacacionais a través dunha oferta variada de actividades lúdico-educativas desenvolvidas no seo de tres centros socioculturais do rural: A Gracia, Figueiras e Marrozos.